Na procura dunha paisaxe protohistórica: análise locacional dos asentamentos tipo `castro´da Baixa Limia ourensá. (original) (raw)

A presente aproximación xurde ó abeiro doutros traballos investigación de similar temática –estudo rexional do hábitat e poboamento castrexo– elaborados recentemente polo Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo (LAUV) na procura dunha renovadora interpretación do concepto de uniformidade cultural que tradicionalmente se ven aceptando para describir o NO da Península Ibérica con anterioridade ó proceso de Romanización. Preténdese así unha futura analítica das particularidades locacionais e da estructuración do paisaxe interior do NO durante a Idade do Ferro.