O 1 de abril... os burros van onde non teñen que ir! (original) (raw)
Máis de 20 Estados e países celebran o 1 de abril o seu día das brincadeiras e de xogar a enganos. No español ten a súa propia xornada, o 28 de decembro, Día dos Inocentes, ao igual que parte de América Latina, mais na Galiza o refraneiro popular pon de manifesto que o 1 de abril é o día propio: “O 1 de abril van os burros a onde non deben ir”. En Menorca tamén se celebra o Día d’enganar debido á influencia británica durante do parte do século XVIII.
En Historia de Galiza, Ramón Otero Pedraio sinala o 1 de abril como o día das brincadeiras e das trampas e recolle unha tradición que, malia esmorecer nas últimas décadas, aínda se mantén.
A orixe da data
O rei Carlos IX aprobou un novo calendario de festexos, que puña fin ao que fixaba que o Aninovo caía no 1 de abril. Daquela a información circulaba moi amodo, polo que non poucas persoas seguían a celebrar o Aninovo o 1 de abril e non o 1 de xaneiro.
No Reino Unido chámase April Fools' Day, en Francia é o Poisson d'avril e en italia o Pesce d'aprile.
En Alemaña, Austria e Suíza a tradición de contar mentiras o 1 de abril lévase até os medios de comunicación, ao igual que acontecía no Estado español co 28 de decembro.
Canadá, Croacia, Eslovaquia, Finlandia, Bélxica, Valonia, Xapón, Líbano, Os Países Baixos, Flandes, Dinamarca, Portugal, Brasil, Porto Rico, os EUA, Australia, Romanía e Suecia son outros dos países onde se conmemora o 1 de abril como día das brincadeiras.
Pola contra, Arxentina, Bolivia, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, O Salvador, Filipinas, Guatemala, México, Panamá, Paraguai, Perú, Uruguai e Venezuela conmemoran o día das brincadeiras o día 28 de decembro.