aleta - Wiktionary (original) (raw)
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
![]()
Etimoloxía: diminutivo de «ala».
Pronuncia: /aˈleta̝/ (AFI)
Substantivo feminino
aleta (_sg: aleta; _pl: aletas)
Aletas dun peixe teleósteo (unha boga de río, Chondrostoma nasus).
- (Zooloxía) Apéndice natatorio de diversos animais acuáticos, como moluscos, cefalópodos, ágnatos, condrictios, osteíctios e algúns vertebrados tetrápodes adaptados á vida na auga, como as tartarugas mariñas e de auga doce, algúns réptiles fósiles (ictiosauros, plesiosauros, etc.), algunhas aves, como os pingüíns, e tres ordes de mamíferos: cetáceos, sirenios e pinnípedes.
- Especie de calzado de ampla superficie que utilizan os mergulladores para facilitar o desprazamento na auga.
Galería

Parella de candorcas, Orcinus orca. A aleta dorsal, maior nos machos, permite distinguir os xéneros a distancia.
Foca común, Phoca vitulina. Nos pinnípedes as extremidades anteriores están transformadas en aletas.
Un sirenio, o dugongo, Dugon dugon, no fondo do mar, no Mar Vermello, Exipto.
Pingüín de Humboldt, Spheniscus humboldti, nadando mergullado.
Tartaruga mariña común, Caretta caretta.
Imaxe reconstruída de dous Plesiosaurus dolichodeirus, un deles apañando un peixe.
Mergulladores autónomos explorando corais. Véxanse as aletas nos pés.
Termos relacionados
- Aleta adiposa, aleta anal, aleta caudal, aleta dificerca, aleta do nariz, aleta dorsal, aleta heterocerca, aleta hipocerca, aleta homocerca, aleta impar, aleta par, aleta pectoral, aleta pelviana, pínnula.