bomba - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

bomba1

Substantivo feminino

bomba (_sg: bomba; _pl: bombas)

  1. (Exército) Artefacto explosivo usado como arma, empregado en guerras contra brancos militares ou civís, que pode ser lanzado ou plantado.
  2. Enxeño pirotécnico composto de pólvora e mecha.
  3. (Figurado) Feito sorprendente que provoca conmoción.
  4. (Música) Xénero artístico de música e baile portorriqueño.

Termos relacionados

Traducións

bomba2

Substantivo feminino

bomba (_sg: bomba; _pl: bombas)

  1. Aparello empregado para extraer e impulsar líquidos.
  2. (Música) Segmento de tubo que se une a algúns instrumentos de metal para alterar a súa afinación.

Termos relacionados

Categorías: