canela - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

canela1

Substantivo feminino

canela (_sg: canela; _pl: canelas)

  1. (Anatomía) Óso longo que xunto co peroné forman o esqueleto da perna.
  2. Parte inferior da perna entre o nocello e o xeonllo.
    • Exemplo: Xogando ao fútbol levou un golpe nas canelas.
  3. Peza das máquinas de costura ou tecedoras onde se enrola o fío.

Traducións

canela2

Substantivo feminino

canela (_sg: canela; _pl: canelas)

  1. (Alimentación) (Botánica) Casca da caneleira ou árbore da canela (Cinnamomum verum), empregada para aromatizar e dar sabor á comida.
  2. Cor café clara, como o da tona da caneleira, entre amarela e castaña.

Traducións

Adxectivo

canela (_sg: canela; _pl: canelas)

  1. Desta cor.