consumo - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Interior dun supermercado

Substantivo masculino

consumo (_sg: consumo; _pl: consumos)

  1. (Economía) Acción e efecto de consumir bens (especialmente, comestibles, pero aplicable a calquera mercadoría) ou servizos.
    • Exemplo: Enténdese por consumo a última etapa do proceso económico de produción, o momento en que un ben ou servizo es utilizado polo consumidor.
  2. (Economía) Gasto de enerxía.
    • Exemplo: O consumo deste coche é unha barbaridade.
  3. (Anticuado) Imposto municipal que se pagaba ó introducir na vila determinados artigos de consumo que tiñan por destino a venda pública en prazas e mercados.
    • Observacións: Nesta acepción adoita escribirse en plural: consumos
    • Exemplo: No século XIX houbo frecuentes revoltas populares contra o cobro dos consumos nas vilas españolas.

Termos relacionados

Traducións