picar - Wiktionary (original) (raw)
Contidos
Ferramentas
Accións
Xeral
- Páxinas que ligan con esta
- Cambios relacionados
- Cargar un ficheiro
- Ligazón permanente
- Información da páxina
- Citar esta páxina
- Xerar o enderezo URL acurtado
Imprimir/exportar
Noutros proxectos
Aparencia
do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Verbo transitivo
picar
- Ferir superficialmente cun obxecto rematado en punta.
- Ferir unha ave, un insecto ou certos réptiles co seu peteiro ou cun aguillón.
- Cortar ou patir algo en anacos pequenos
- Facer un ou varios buratos en algo cun obxecto rematado en punta.
- Traballar pedra con pica, pico, ou un instrumento semellante.
- Desfacer os terróns que quedan na leira despois de labrarla
- Peteirar, colleren as aves o alimento co peteiro.
- Probar, comer un pouco dunha comida.
- Ferir ao touro o picador coa pica.
- (Figurado) Provocar a alguén.
Conxugación
Verbo semirregular da 1ª conxugación
Formas impersoais
| Infinitivo | picar |
|---|---|
| Xerundio | picando |
| Participio | picado, picada, picados, picadas |
Formas persoais
| | singular | plural | | | | | | | | -------------------------------------------------------------------------------------- | ------------------------------------------------------------------------------------------------------ | --------------------------------------------------------------------------------------------------------- | ------------------------------------------------------------------------------------------------------ | ------------------------------------------------------------------------------------------------------------ | ------------------------------------------------------------------------------------------------------------ | --------------------------------------------------------------------------------------------------------- | ----------------------------------------------------------------------------------------------- | | | primeira | segunda | terceira | primeira | segunda | terceira | | | | Modo Indicativo | Presente | pico | picas | pica | picamos | picades | pican | | Copretérito | picaba | picabas | picaba | picabamos | picabades | picaban | | | Pretérito | piquei | picaches | picou | picamos | picastes | picaron | | | Antepretérito | picara | picaras | picara | picaramos | picarades | picaran | | | Futuro | picarei | picarás | picará | picaremos | picaredes | picarán | | | Pospretérito | picaría | picarías | picaría | picariamos | picariades | picarían | | | Modo Subxuntivo | Presente | pique | piques | pique | piquemos | piquedes | piquen | | Pretérito | picase | picases | picase | picásemos | picásedes | picasen | | | Futuro | picar | picares | picar | picarmos | picardes | picaren | | | Modo Imperativo | Afirmativo | | pica | pique1 | piquemos | picade | piquen1 | | Negativo | | piques | pique1 | piquemos | piquedes | piquen1 | | | Infinitivo conxugado | picar | picares | picar | picarmos | picardes | picaren | |
1 Vostede(s)
Referencias
- Definicións no Dicionario da Real Academia Galega para picar.
- «picar» no DIGALEGO, Ir Indo.
Obtido de «https://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=picar&oldid=752441»
Categorías agochadas: