neto - Wiktionary (original) (raw)

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

neto1

Substantivo masculino

neto (_ms: neto; _mpl: netos; _fs: neta; _fpl: netas)

  1. Fillo dun fillo ou filla dunha persoa, do avó ou avoa.
    • Exemplo: De pai bodegueiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro.

Traducións

neto2

Adxectivo

neto (_ms: neto; _mpl: netos; _fs: neta; _fpl: netas)

  1. Que resulta despois de descontar o que corresponda.
  2. Nítido, preciso, ben claro.

Termos relacionados

neto3

Substantivo masculino

neto (_sg: neto; _pl: netos)

  1. (Metroloxía) Medida de capacidade equivalente a medio litro.
    • Exemplo: Non hai neto de viño que grande sexa.
    • Exemplo: ¿Fillos? ¡Filloas!. ¿Netos? ¡De viño!

Sinónimos